Cociña galega cun toque exótico

    cocia1_100_150606.jpgRIBEIRA > O restaurante Ameneiro de Ribeira acolleu a clausura do curso de cociña galega para mulleres inmigrantes organizado pola Cruz Vermella. As doce participantes neste programa agasallaron ós asistentes cunha serie de pratos elaborados por elas nos que non faltou a variedade e, sobre todo, a mestura de sabores.

    Nesta iniciativa, integrada no proxecto SINGRA da Cruz Vermella, participaron un total de doce mulleres: dez de nacionalidade marroquí e dúas delas peruanas. Durante cincuenta horas, as alumnas aprenderon a  elaborar os pratos máis representativos da cociña galega ó mesmo tempo que aportaron o toque de sabor propio dos seus países de orixe.cocia2_300_150606.jpg

    A través deste programa, búscase facilitar a inserción laboral destas mulleres con dificultades para acceder a un posto de traballo.

    Ademais da adquisición de coñecementos culinarios, esta actividade propiciou o entcontro entre persoas de diversas razas e culturas facilitando o intercambio de costumes, valores e tradicións.

    Tódalas participantes valoraron moi positivamente o seu paso por este programa e agardan que, tanto o concello como a Cruz Vermella dende a súa Rede de Apoio ó Inmigrante, continúen a traballar neste tipo de iniciativas.

    Redacción Barbanza