PORTO DO SON> A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitaba esta mañá Porto do Son para comprobar o resultado da actuación levada a cabo na localidade e que permitiu a recuperación da praia sonense do Cruceiro. O importe da obra ascendeu a preto de 263 mil euros, dos cales o 70% foron aportados pola consellería de Medio Ambiente, e a cantidade restante asumida polo Concello.
Acompañada do alcalde, Luís Oujo, e demais autoridades, entre as que se atopaba tamén a presidenta de Portos, Susana Lenguas, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitaba esta mañá a praia sonense do Cruceiro. Alí nos últimos meses estívose desenvolvendo unha actuación que tiña coma principal finalidade naturalizar o espazo que ocupaba un antigo muro de formigón. Dende o Concello agradeceron a obra realizada, xa que ademais da mellora estética, supuxo a consolidación da duna coa eliminación dun pequeno vial que separaba o areal da zona do xardín.
A titular de Medio Ambiente destacou a actuación realizada que permitiu a humanización do espazo, a través dunha integración paisaxística natural.
O importe da actuación ascendeu a preto de 263 mil euros, dos cales o 70% foron aportados pola consellería de Medio Ambiente, e a cantidade restante asumida polo Concello.