A CIG mobilízase para esixir cambios na negociación da carreira profesional

RIBEIRA> O hospital do Barbanza acolleu este xoves a primeira das mobilizacións convocadas pola CIG para esixir ó SERGAS un cambio na negociación da carreira profesional. A proposta presentada polo SERGAS na Mesa Sectorial para a negociación da carreira profesional non satisface, nin moito menos, á CIG. Entenden dende o sindicato que non se teñen en conta os méritos ó longo da vida profesional para aqueles traballadores que xa levan anos no sistema público de saúde. Consideran ademais que a proposta é discriminatoria porque só atinxe a persoal fixo sen ten en conta ós empregados con carácter temporal. A CIG manterá estas convocatorias de mobilización tódolos xoves deste mes nas distintas áreas sanitarias da comunidade como paso previo á manifestación prevista en Santiago para o vindeiro oito de maio. Paralelamente, están a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas co fin de levar a súa demanda ó parlamento galego.