Barbanza Arousa e a asociación cultural Alberto Romero renovan a súa colaboración

BOIRO> A Mancomunidade Barbanza Arousa renova a súa colaboración coa asociación Cultural Alberto Romero. As dúas entidades asinaron esta mañá o convenio para impulsar e difundir as actividades organizadas por este colectivo, entre as que destaca o seu certame de curtas.

A promoción da cultura audiovisual é o obxectivo principal do convenio subscrito pola Mancomunidade Barbanza Arousa e a asociación cultural Alberto Romero. A actividade máis destacada é o certame de curtas que promove esta entidade que este ano acada xa a súa sétima edición.

A principal novidade desta edición será a creación da nova categoría Barbanza Arousa que busca poñer en valor o territorio contribuíndo á súa consolidación como destino de turismo cultural

Ademais do certame a asociación desenvolve cursos formativos nos catro concellos. Os interesados en concorrer ó certame poden presentar as súas curtas ata o 28 de febreiro de 2023.  Nesta edición optarán a premios por un valor total de 1800 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí