Ribeira promove a inclusión a través dos cursos de español para estranxeiros

RIBEIRA> Preto dun cento de estranxeiros aprenderán ou perfeccionarán español grazas ós cursos que impartirá o IES Número 1 en colaboración con Cruz Vermella, Cáritas e Servizos Sociais de Ribeira.

O crecente número de poboación inmigrante que reside en Ribeira incrementou notablemente a demanda de cursos de español para mellorar as competencias no noso idioma. Por esta razón, as entidades que viñan impartindo estes cursos: o departamento de Servizos sociais, Cáritas, Cruz Vermella e o IES Número 1 sumaron esforzos para realizar unha oferta conxunta que dará servizos a case un cento de persoas.

Os alumnos dividiranse en tres niveis, dende básico ata avanzado, en función dos coñecementos previos que manexen do español.

Cada grupo recibirá tres horas semanais dende outubro a xuño.  A inscrición permanecerá aberta durante todo o curso polo que poderán ir incorporándose novos alumnos en función da demanda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí