Educación será quen tome unha determinación

    SANXENXO > Correspóndelle decidir a Educación. O colexio Abrente deixa a pelota no tellado da Administración no tema dos vídeos nos que supostamente se agrede a un dos alumnos do centro. Ata agora mantiveron un escrupuloso silencio sobre os feitos. A dirección do centro convocou ós medios para pronunciarse ó respecto pero non quixeron entrar no contido dos vídeos. Só dixeron que se estaba a sobredimensionar o acontecido xa que se trataba dunha posta en escea dos alumnos.

    abrente_300_190606.jpgO colexio Abrente non quixo profundizar no contido dos vídeos que desataron a polémica. Trátase de tres gravacións realizadas por menores nas que supostamente un deles sofre agresións por parte dun grupo de compañeiros.

    Trala posta en coñecemento da dirección do centro da existencia destes vídeos, o consello escolar decidiu expulsar limitadamente ós alumnos implicados. Primeiro visionaron os móbiles dos alumnos ata dar con tres arquivos que consideraron relevantes e foron éstes os que lle trasladaron a Delegación de Educación en Pontevedra. O resto son só vídeos sen importancia segundo a dirección do centro.

    Durante a rolda de prensa desta tarde e a preguntas dos xornalistas o director do centro tentou restar palla ó asunto e entrou en numerosas contradiccións sobre a información dada. O motivo de non querer entrar en detalles, dixo, é o de salvagardar o dereito dos menores implicados.

     Redacción Salnés