O PSOE ribeirés asesora ós propietarios palmeiráns afectados por Costas

    RIBEIRA > O grupo municipal do PSOE de Ribeira organizou unha charla informativa sobre a Lei de Costas e as súas consecuencias urbanísticas na parroquia de Palmeira. O voceiro municipal, Xosé Vicente Domínguez, compareceu xunto a dous técnicos da Demarcación de Costas que explicaron os pasos a seguir para a modificación do actual regulamento.

    psoeribeira_300_220606.jpgNumerosos veciños da parroquia ribeiresa de Palmeira déronse cita no salón de actos da Casa do Mar para coñecer os principais aspectos da Lei de Costas e da Lei do Solo de Galicia que, xunto co PXOM, regulan o desenvolvemento urbanístico do municipio. A convocatoria partiu do grupo socialista municipal recollendo as inquedanzas de moitos palmeiráns afectados polo planeamento. O voceiro socialista, Xosé Vicente Domínguez, criticou o feito de que, no seu momento, o goberno municipal non defendese os intereses de Palmeira ó non recoñecer certas zonas urbanas consolidadas como tal o que supón un importante incremento da zona de servidume de protección.

    Así mesmo, Xosé Vicente Domínguez referiuse a unha xuntanza convocada polo alcalde ribeirés, Xosé Luís Torres Colomer, cu grupo de veciños afectados nun intento, ó seu parecer, de arranxar o que non foi quen de facer en tantos anos.

    Neste sentido, o voceiro socialista e mailos técnicos tentaron aclarar ós veciños o contido das leis e a súa interpretación, moitas veces confusas, e os pasos a seguir para a súa modificación.

    Redacción Barbanza