Fátima Rodríguez asume a nova xerencia de Arousa Norte

    xerentearousa_100_050906.jpgBARBANZA > A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte celebrou o seu primeiro pleno á volta das vacacións. Na orde do día figuraban cuestións diversas como as vindeiras feiras de turismo nas que a entidade estará presente, a solicitude dunha serie de subvencións ó Goberno da Xunta e a presentación da nova xerente da Mancomunidade.

    Fátima Rodríguez Figueiras  será a encargada de relevar a Pilar López á fronte da xerencia da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. A súa presentación pública tivo lugar ó remate do primeiro pleno celebrado pola entidade á volta das vacacións de verán. Acompañada polos alcaldes da Pobra, Boiro, Ribeira e a representante do concello de Rianxo, Fátima Rodríguez amosouse satisfeita con este nomeamento e destacou a importancia da boa relación entre os catro municipios mancomunados para lograr o desenvolevemnto sostible da zona.arousanorte_200_050906.jpg

    Na orde do día do pleno foron catro os puntos fundamentais a tratar. En primeiro lugar definíronse as feiras de turismo nas que a Mancomunidade Arousa Norte vai estar presente. Serán ‘Expo Galaecia’ en Vigo e a ‘Feria Internacional de Turismo de Interior’ de Valladolid, ámbalas dúas a finais de outubro e no mes de novembro. Xa para comezos do ano que vén as citas serán a ‘Feira de Lisboa’ en Portugal e a ‘Feria Internacional de Turismo’ de Madrid. O Presidente da Mancomunidade, Isaac Maceiras, fixo repaso tamén das subvencións solicitadas á Dirección Xeral de Turismo da Xunta para actividades complementarias ó ‘Plan de Excelencia’ que acaba de rematar.

    Maceiras anunciou tamén que desde a entidade se están a xestionar unha serie de entrevistas para a instalación de hoteis de tres e catro estrelas nos concellos mancomunados, un proxecto para o que contan co apoio da Dirección Xeral de Turismo. Ademáis, a entidade vai solicitar á Xunta a continuación durante o inverno do servizo de transporte nocturno ‘Noitebús’, debido á boa acollida rexistrada durante o verán.

     

    Redacción Barbanza