A mellora da travesía de Noia implicará a canalización soterrada de tódalas redes

NOIA> O proxecto de remodelación da travesía de Noia contempla a canalización soterrada de tódalas redes. Unha vez rematada a obra non quedarán postes nin tendidos aéreos apostando tamén pola estética nunha obra que busca a seguridade viaria.

Na actualidade, os traballos de mellora do firme e ampliación das beirarrúas están a executarse entre os cruces de entrada a Barro. Aínda que non se poderá apreciar ata o remate das obras, o proxecto contempla o soterramento de tódalas redes de xeito que non queden tendidos aéreos.

Segundo informou a empresa responsable dos traballos á Xunta , este treito estará rematado ó en maio polo que a fase final  ata a alameda executarase entre os meses de xuño e xullo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí