Rianxo e Catoira; dous concellos veciños máis separados que nunca

RIANXO> A limitación da mobilidade entre provincias que establece a fase un xerou malestar nalgúns concellos. Entenden que sería máis axeitado limitar os desprazamentos por distancias. Rianxo e Catoira son o exemplo de dous municipios veciños que pertencen á provincias diferentes.

A ponte de Catoira une este concello pontevedrés co seu veciño de enfronte, Rianxo, que pertence xa á provincia da Coruña. Pese a que ámbolos dous municipios non distan máis de dous quilómetros entre si, os veciños non poden cruzar a ponte durante esta fase un da desescalada. Unha prohibición que non semella moi lóxica cando si esta permitido desprazarse a outros concellos na mesma provincia situados a preto de douscentos quilómetros.

O alcalde de Rianxo considera un erro que se establecera a delimitación administrativa das provincias como límite e cre que os criterios de proximidade serían moito máis axeitados.

Haberá que agardar a que Galicia pase á seguinte fase da desescalada na que se permitirán os desprazamentos entre provincias. Será entón cando Rianxo e Catoira volvan estar unidas e non separadas pola ponte.