Veciños de Cimadevila demandan o reforzo da seguridade viaria na zona

BOIRO> Os veciños do lugar de Cimadevila, en Boiro, reclaman a toma de medidas para aumentar a seguridade viaria na zona. Ademais de incrementar o número de pasos de peóns piden a instalación de pasos elevados ou o reforzo da sinalización.

O atropelo acontecido neste paso de peóns onte mesmo volveu poñer sobre a mesa as denuncias dos veciños de Cimadevila sobre a inseguridade viaria nesta zona. Á excesiva velocidade á que soen circular os vehículos, engádese a escasa sinalización dos pasos de peóns.

Xusto ó carón deste paso de peóns hai unha parada de transporte público que non conta con espazo habilitado para que os autobuses agarden ás marxes da vía, cos consecuentes riscos para os pasaxeiros que soben e baixan.

Ademais da moción presentada por ICBoiro os veciños non descartan adoptar outras medidas de presión como a recollida de sinaturas para solicitar un reforzo da sinalización na zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí