RIANXO> O concello de Rianxo aprobará inicialmente o PXOM antes de fin de ano. Actualmente, o documento atópase en fase de contestación de alegacións. O equipo técnico estima que se aceptarán ó redor do sesenta e cinco por cento das mil trescentas emendas presentadas.
O intenso traballo desenvolvido nos últimos meses comeza a perfilar a aprobación definitiva do PXOM de Rianxo. Tras ultimar os informes sectoriais, o concello remitiu hai mes e medio a memoria de sustentabilidade ambiental.
De entre as mil trescentas alegacións presentadas estímase que se incorpororá ó Plan máis do sesenta e cinco por cento.
Unha vez resoltas e incorporadas as alegacións, o documento será sometido a pleno para a súa aprobación inicial co obxectivo de remitirllo á Xunta antes de fin de ano.