SALNÉS> A mancomunidade do Salnés e a Adega Condes de Albarei firman un convenio de colaboración para a formación de viticultores. O curso prepara aos participantes en materia de xestión e mantemento dunha adega. Poderán acceder a ensinanza os desempregados que forman parte do Programa Integrado de Emprego do ente comarcal.
O Plan Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés forma cada ano a 100 traballadores en diversos campos profesionais. Este ano, o ente comarcal presenta unha nova ensinanza para a formación de viticultores. O curso nace grazas ao convenio de colaboración firmado coa Adega Condes de Albarei e Pazo de Baión.
En total serán 15 alumnos os que participen neste curso. Formaranse en materia de xestión e mantemento dunha adega.
A mancomunidade aposta de novo por formar aos participantes en sectores que están en auxe.
Dende a adega Condes de Albarei destacan que esta colaboración permitiralles formar a traballadores cualificados. Para a mancomunidade é unha oportunidade de preparar aos participantes do Plan Integral de Emprego nun sector tan importante dentro da comarca. O curso terá unha duración de 8 semanas.