Os pequenos ribeireses inícianse no gusto pola música

    infantimusica_100_040706.jpgRIBEIRA > O Conservatorio Municipal de Ribeira acolle estes días o obradoiro de iniciación á música “Infantimúsica”, organizado polo concello co obxectivo de achegar a música ós nenos e nenas dunha maneira lúdica e espertar o seu interese polo son e polos instrumentos musicais.

    Uns vinte rapaces de entre 5 e 8 anos participarán ata finais do mes de xullo nun obradoiro de iniciación á música. Este curso enmárcase dentro do programa de actividades “Verán cultural 2006” organizado pola concellería de cultura e festexos do concello de Ribeira.

    Con este taller o que se pretende é introducir ós rapaces no mundo do son dende novos, tal e como unha das profesoras do obradoiro. infantimusica_200_040706.jpg

    Aínda que este obradoiro se realiza só dous días á semana, os martes e xoves, este tipo de actividades é unha das opcións pola que apostan os pais para manter entretidos ós nenos durante a época estival. Os cativos, pola súa parte, móstranse moi receptivos a tódalas actividades que están a realizar.

    Ademais, ó remate do curso os nenos farán unha representación musical na que mostrarán ós seus pais o que aprenderon durante todo o mes.

    Redacción Barbanza