A Pobra será escenario da webserie ‘A Partida’

POBRA> O punto de partida desta web serie, dividida en cinco capítulos, é unha partida de póker. A partir de aí sucederanse as historias de cada un dos personaxes que compoñen esta historia, ideada e dirixida por Lois Balallo. Na actualidade, o equipo técnico está a finalizar a selección de figurantes co obxectivo de iniciar a rodaxe en xuño e presentar o resultado final en outubro. O concello decidiu apostar por este proxecto tralo éxito colleitado pola curta ‘Bágoas de Ouro’ presentada hai uns meses no teatro Elma e que está a circular por diversos festivais de cinema de todo o país.