Un cortocircuito puido se-la causa dun incendio nunha vivenda de Ribeira

    incendio_100_070706_1.jpgRIBEIRA > Un incendio afectou unha vivenda do edificio “Lumago” da rúa Marcial de Adalid de Ribeira. Polo momento descoñécense as causas polas que o inmoble comezou a arder aínda que todo indica a que as lapas se orixinaron a causa dun curtocircuito nunha das habitacións, na que había unha prancha e unha morea de roupa.

    Ata o lugar desprazáronse efectivos da policía local e protección civil de Ribeira, que procederon a corta-la rúa ó tráfico, así como unha ambulancia do 061.

    O lume iniciouse nunha habitación do inmoble na que había unha prancha e unha morea de roupa. Nese momento non había ninguén no interior da vivenda afectada e aínda que as lapas foron apagadas antes de que se extendesen a outras habitacións, os bombeiros ordenaron a evacuación inmediata de tódolos veciños do edificio. incndio_200_070706.jpg

    No incendio non resultou ferida ningunha persoa aínda que a ambulancia do 061 tivo que asistir a unha persoa maior a causa dunha crise nerviosa.  Polo momento, non se coñecen as causas aínda que as primeiras investigacións apuntan a que puido ser un curtocircuito nunha das habitacións da vivenda na que había unha prancha e unha morea de roupa.

    Redacción Barbanza