Os mariscadores ribeireses denuncian a ‘inoperancia’ da comisión antivertidos

    RIBEIRA > Un novo vertido contaminante está a afectar estes días ó porto de Ribeira. Nos últimos meses varias manchas de gas apareceron nas inmediacións da dársena ribeiresa ou noutros peiraos do concello, polo que dende a agrupación de mariscadores reclaman ó executivo local un maior control das emisións contaminantes ó mar.

    vertido_200_070706.jpgA Confraría de Pescadores de Ribeira ven de denunciar unha vez máis a aparición dun vertido na dársena da localidade. Esta non é a primeira vez que se rexistra este tipo de prácticas nocivas polo que os mariñeiros queren insistir na falta de interese polo problema que están a mostrar as autoridades locais e na inoperancia da comisión de seguemento de vertidos ante situacións que están a ocorrer con asiduidade.

    O presidente do colectivo de mariscadores, José Antonio Pérez Sieira, indicou que os vertidos incluso se chegan a aproximar en ocasións ás praias, o que provoca que ata os areais chegue un forte cheiro a combustible provocando a incomodidade dos bañistas. Ademáis, Pérez Sieira, explicou que este tipo de residuos poden chegar a afectar ós cultivos de bivalvo que se atopan na zona.

    Respecto da sua procedencia, o representante dos mariscadores comentou que están investigando a súa orixe aínda que as principias pesquisas apuntan a que proceden dalgunha emisión directa á rede de alcantarillado que sae ó mar.

    Redacción Barbanza