Arde o Barbanza

    BARBANZA > Nova xornada de incendios na comarca do Barbanza. Ás oito da tarde do xoves seguían activos tres lumes, dous deles no concello de Rianxo, nas parroquias de Leiro e Araño, e outro na parroquia ribeiresa de Oleiros. Uns lumes que se engaden ó que na mañá asolou tres hectáreas na zona da Corna, no concello de Ribeira, e que xa foi extinguido.

    incendio_300_130706.jpgAs altas temparaturas e o forte vento destes días están a crear as condicións idóneas para a proliferación de incendios. O primeiro da xornada rexistrábase esta mañá no concello da Pobra, ó pé da praia da Corna. As chamas consumiron preto de tres hectáreas de monte raso e unha pequena zona arbolada. Ata o lugar desprazáronse dúas motobombas, o Grumir de Boiro, un helicóptero e un axente. O lume tivo como orixe un único foco, aínda que por influencia do vento se extendeu en dúas direccións diferentes ata chegar á beira da praia. A rápida chegada dos equipos de extinción permitíu que practicamente nunha hora o lume estivese controlado.

    Pouco despois, arredor das tres e media da tarde, comezaba outro incendio na parroquia de Leiro, no concello de Rianxo, un fogo que a media tarde se tiña controlado pero que se reactivou preto das sete e media. Un hidroavión, unha motobomba, unha brigada e un axente son os medios que traballan no lugar. Ademáis deste, outros dous incendios seguen activos na comarca do Barbanza. Un deles, tamén no concello de Rianxo, afecta á parroquia de Araño. Comezou arredor das cinco e media da tarde e ata o lugar desprazáronse un axente, unha brigada, un helicóptero e unha motobomba. Practicamente os mesmos medios que traballan desde as tres e media da tarde na parroquia de Oleiros, en Ribeira, aínda que neste caso se precisou o apoio dun hidroavión para loitar contra un fogo que pola tarde seguía activo.

    Redacción  Barbanza