Outes elabora unha memoria económica máis detallada para volver a licitar o SAF

OUTES> O concello de Outes traballa na elaboración dunha memoria económica máis exhaustiva para elaborar os pregos do concurso do Servizo de Axuda no Fogar. Así o estableceu o Tribunal Administrativo de Contratación Pública que anulou a anterior licitación ó estimar un recurso presentado polo sindicato CCOO.

O concello de Outes agarda licitar nas próximas semanas o contrato do Servizo de Axuda do Fogar. Actualmente, os servizos técnicos están a elaborar unha memoria económica máis detallada para incluír nos pregos da nova licitación, despois de que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública anulara o anterior procedemento trala impugnación presentada por CCOO.

Á espera de sacalo de novo a licitación, dende o concello indican que o servizo segue a prestarse con total normalidade por parte da anterior adxudicataria mediante a prórroga do contrato caducado en novembro.