Boiro chega ó ecuador das festas co Día das Peñas

BOIRO> Boiro chegou ó ecuador das súas festas coa celebración do Luns das Peñas. Ademais dos xogos no parque da Cachada, os asistentes disfrutaron da festa da auga. Seguen así unhas celebracións que a pasada fin de semana puxeron en valor a súa cultura con exaltacións tan tradicionais como a malla do centeo.

O parque da Cachada converteuse hoxe no epicentro das festas de Boiro coa celebración do Día das Peñas. Ademais de medir forzas nos xogos máis disparatados os asistentes acabaron a xornada pasados por auga. A bióloga boirense Vera García Outeiral foi este ano a encargada de dar o mangueirazo de honra na festa da auga.

Este luns das peñas marca o ecuador das festas de Boiro que viviron a súa fin de semana grande este sábado e domingo nos que tradición e modernidade se fusionaron nun amplo programa con actividades tan espectaculares como a malla do centeo.

Tras estes días nos que non se rexistrou ningunha incidencia queda aínda por diante a traca final. Mañá o prato forte será a actuación da París de Noia mentres que o mércores pechará o programa un tributo a Tina Turner.