Dezaseis persoas fórmanse en Rianxo no diseño de páxinas web

RIANXO> O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o obradoiro de emprego ‘Carnero Valenzuela 2’ que se desenvolve en Rianxo. Na experiencia formativa-laboral, dedicada á confección e publicación de páxinas web, participan unhas 16 persoas, todas elas menores de 30 anos.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, realizou unha visita ó obradoiro de emprego ‘Carnero Valenzuela 2’ dedicado á confección e publicación de páxinas web. Na iniciativa financiada pola Xunta de Galicia cunha achega de máis de 369 mil euros toman parte unhas dezaseis persoas, todas elas menores de trinta anos.

O alcalde agradeceu a axuda da Xunta para poder desenvolver este obradoiro de emprego, nun sector ademais con moita demanda nestes momentos.

A experiencia para os alumnos no obradoiro está a ser do máis positiva.. e  hai xa quen pensa na constitución da súa propia empresa.

ademais deste de Rianxo, a Xunta ten en marcha nestes momentos tres obradoiros máis nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia: un deles en Serra de Outes, compartido con Lousame e Noia; outro en Porto do Son compartido con Ribeira; e outro máis nesta última localidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí