Os veciños de Sanxenxo poderán pasear por Punta Vicaño a partir do xoves

    catigonzalez100_080507.jpgSANXENXO > Sanxenxo vivirá este xoves un xornada histórica. O veciños e os visitantes da vila poderán gozar por vez primeira

    …do ansiado parque de Punta Vicaño. A candidata do Partido Popular á alcaldía de Sanxenxo, Catalina González Bea, amosou en primicia para as cámaras de TeleSalnés os 22.000 metros cadrados que xa son propiedade do Concello. Unha paisaxe incomparable a escasos metros de Silgar e o carón de Portonovo. Os veciños de Sanxenxo, os turistas e por que non…os curiosos. Todos eles poderán gozar a partir deste xoves dun emprazamento privilexiado.

    O parque de Punta Vicaño, situado entre Sanxenxo e Portonovo, abriráse por fin e por primeira vez ó publico. Cataina Gonzáez Bea asegura que se trata de todo un luxo e que este parque é un nexo que unirá as dúas vilas. Sete millóns de euros costoulle ó concello facerse con este terreno que será, a partir de agora, un dos rincóns máis emblemáticos do concello.

    O pasado mes de marzo pechábase esta operación que marcará un antes e un despois na vila. Os traballos de limpeza e arranxe do parque estánse a suceder de forma intensiva durante estes días. Os remate toral das equipacións do parque tamén estarán moi pronto…para xullo. Unha festa campestre acompañada de música marcará o punto de partida desta nova época na que todos aqueles que queiran poderan pasear polos máis de 22.000 metros cadrados de espacios abertos. En definitiva, un lugar incomparable que por primeira vez estará a disposición das xentes que queiran gozar cóas mellores vistas do concello …en primeira liña.

    Redacción Salnés