Muros-Noia crea a marca turística ‘A Ría da Estrela’

    4

    LOUSAME> A riqueza natural da ría de Muros-Noia con espazos tan singulares como o castro de Baroña, Monte Louro ou as praias de todo o litoral fan desta comarca un destino turístico único. Isto, unido ó abundante patrimonio cultural e industrial, coas minas de San Finx como principal expoñente, é o que pretende poñer en valor o proxecto de dinamización turística ‘A Ría de Estrela’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Rural Ría de Muros-Noia no marco do Grupo de Acción Costeira número catro. Ademais da creación da web www.ariadaestrela.com e a difusión da nova marca turística a través das redes sociais, o proxecto recolle a edición de folletos informativos e un expositor para participar en feiras e actividades promocionais.

    COMPARTIR