Porto do Son retoma a Copa do Concello de Fútbol en homenaxe a Emilio García

PORTO DO SON> Porto do Son retoma este ano a copa do concello de fútbol. Esta cita deportiva, que terá lugar a primeira fin de semana de setembro, reunirá ós tres equipos do municipio e ó Noia Club de Fútbol como convidado.

Os días 3 e 4 de setembro Porto do Son acollerá xa a undécima  Edición da Copa de Fútbol do concello – Memorial Emilio García.

Tomarán parte na competición os tres equipos en categoría senior do municipio: a Unión deportiva Queiruga, o Porto do Son Club de Futbol e a sociedade deportiva xuño xunto co Club de Fútbol de Noia como convidado.

O presidente do club noiés quixo agradecer ó concello de Porto do Son o convite para participar na copa. Aproveitou ademais para adiantar a intención de organziar un torneo circular entre os equipos da ríua Muros Noia que podería celebrarse a finais de setembro.