Os comerciantes vilagarciáns visitan o mercado da Pobra na busca de ideas

    visitapraceiros_100_190706.jpgPOBRA > Unha representación dos comerciantes da praza de abastos de Vilagarcía visitou o mercado da Pobra do Caramiñal. O seu obxectivo é observar estas instalacións para atopar ideas para a remodelación do mercado vilagarcián.

    O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, xunto co concelleiro de servizos, Andrés Millán, recibiu a unha representación dos praceiros de Vilagarcía que se achegaron ata a localidade para observar as novas instalacións da praza de abastos pobrense. A estes comerciantes acompañábaos Tomás Fole, portavoz de Partido Popular de Vilagarcía, que destacou a importancia desta iniciativa como unha forma de colaboración entre concellos coas mesmas necesidades. Ademais comentou que como representante do partido da oposición o seu obxectivo era observar as instalacións do mercado da Pobra para poder detectar as posibles necesidades e plantexar suxerencias de cara a renovación da praza de abastos de Vilagarcía. praceiros_200_190706.jpg

    Ata o de agora este grupo de comerciantes visitou o mercado de Vigo e o da Pobra pero xa indicaron que calquera dos dous podería ser un modelo a imitar en Vilagarcía.

    Pola súa banda, o alcalde da Pobra quixo aproveita-la ocasión para invitar a todos aqueles concellos que o desexen a visitar a praza de abastos e mostrouse convencido de que pode chegar a constituirse como unha instalación de referencia en canto a construcción e deseño se refire.

    Redacción Barbanza