Telmo Martín preséntase ás eleccións polo concello de Pontevedra

    PONTEVEDRA > Sorpresa no panorama político. O popular Telmo Martín preséntase como alcalde ó concello de Pontevedra. Se onte o rexedor de Sanxenxo anunciaba que non se volvería presentar como alcalde ó municipio do que leva sendo alcalde oito anos, fai apenas unhas horas desvelaba en Pontevedra o as que levaba gardado na manga.

    telmomartin_300_210706.jpgTal como lles adiantabamos o xoves, o alcalde de Sanxenxo será o candidato do PP na cidade de Pontevedra. Así o anunciou este venres a plana maior do PPdeG, co seu presidente á cabeza. O rexedor anunciou que seguirá centrado en Sanxenxo ata final de ano e despois comezará a compaxina-lo seu actual concello coa súa nova tarefa en Pontevedra.

    O presidente do PPdeG, Alberto Nuñez Feijoo, foi o encargado de presentar ó novo candidato popular para a cidade, o actual alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. Con eles estaban a presidenta local e anterior candidata, Teresa Pedrosa, e o presidente provincial, quen destacou a gran aposta do seu partido para a cidade.

    Martín agradeceu a confianza do partido por elexilo para recupera-la alcaldía de Pontevedra e comprometeuse a seguir á fronte de Sanxenxo ata esgota-lo mandato. Deste xeito despexaba ás dúbidas que o día anterior el mesmo tratara de crear asegurando que non se presentaría a ningún cargo electo. O PP tratou de mante-lo efecto sorpresa ata o final, a pesares de que esta nova era un rumor a voces dende hai uns días. En calquera caso tanto o candidato como o partido están encantados con esta decisión.

    Reaccións

    O BNG de Sanxenxo pediu  a demisión de Telmo Martín como alcalde de Sanxenxo. Os nacionalistas cren que enganou ós veciños ó decir que deixaba á Alcaldía por cuestión persoais e que non se presentaría a ningún outro cargo público, cando había dous meses xa decidira a súa fuxida. Ademais dunha falta de respecto ó pobo, di o BNG, deixa en evidencia que, a partir de agora a prioridade para o alcalde é Pontevedra e non Sanxenxo, un concello que quedará sen a atención do alcalde e sen a do PP, máis preocupado en buscar sucesor que en gobernar Sanxenxo.

    Dende o BNG esta decisión demostra que para Telmo, Sanxenxo só foi un trampolín político. O PSOE non é da mesma opinión e cre que Telmo debe remata-la lexislatura en Sanxenxo. A decisión de marchar responde segundo ós socialistas, ó convencemento de que non ía gaña-las vindeiras municipais.

    Redacción Salnés