A Consellería de Traballo inviste 82 mil euros no mantemento das praias pobresas

    POBRA > A Consellería de Traballo achegará unha contía de 82 mil euros para as labores de vixilancia e limpeza nas praias da Pobra do Caramiñal. Así o confirmou a Delegada Provincial na Coruña, María Debén Alfonso, nun encontro mantido recentemente co alcalde pobrés, Isaac Maceiras. Esta aportación vén a sumarse a outra subvención outorgada pola Deputación da Coruña para o mantemento das praias.

    No transcurso da xuntanza, Isaac Maceiras expúxolle á delegada de Traballo a necesidade de conseguir unha axuda para financia-los gastos do plan de salvamento e socorrismo nas praias. María Debén Alfonso amosouse moi interesada no proxecto e comprometeuse a achegar unha partida de 82 mil euros para as labores de vixilancia e mantemento dos areais. Nesta contía, incluirase ademais unha brigada para a limpeza de camiños.praias_200_210706.jpg

    As labores de mantemento e limpeza desenvólvense a diario nas praias da zona grazas a unha subvención da Deputación Provincial da Coruña á que se vén sumar a axuda concedida pola Consellería de Traballo.

    Ademais da conservación dos areais, o concello ten especial interese en garantir a súa Seguridade. Na actualidade, o equipo de salvamento está integrado por 17 socorristas que desenvolverán tarefas de vixilancia nas praias de todo o municipio ata o vindeiro mes de setembro.

    Redacción Barbanza