Once empresas optan á licitación do centro social do Revel

    terreosorevel_100_270307__still_003.jpgSANXENXO > Ademais tamén se abriron as plicas para a construcción da Escola de Educación Infantil de Vilalonga.

    No caso da Escola de Educación Infantil que o Concello de Sanxenxo quere facer nestes terreos de Vilalonga, son seis as empresas que optan á licitación que supera o millón de euros. Trátase de Alea Construcciones, ICC, Gómez Crespo, Winterra, HVO Construcciones e a UTE MovexVial, HidroMiño e Excavaciones Pérez.

    Agora os técnicos municipais valorarán as propostas e remitirán os seus informes á mesa de contratación que, fará as súas proposicións á alcaldía. A adxudicación levarase a cabo nos vindeiros días. No caso do centro sociocultural e da terceira idade, o importe da licitación é de case un millón oitocentos mil euros e son once as empresas interesadas.

    Xuízo polos terreos

    Pero precisamente os terreos do Revel continúan en litixio. Onte celebrouse unha vista do xuízo no que a alcaldesa asegurou estar disposta a otorgar unha licencia a Ignacio Velón atendendo ós usos do solo, xa que non van facer unha modificación puntual do PXOM por un interese particular. Pero Catalina asegura que no xuízo demostrouse unha vez máis que Ignacio Velón só quere máis cartos, algo que o Concello non vai darlle argumentando que as necesidades do pobo de Vilalonga están por riba das da familia Velón.

    Redacción Salnés