O BNG da Pobra denuncia presuntas irregularidades nos procesos de contratación de persoal

POBRA> O BNG da Pobra denuncia presuntas irregularidades en varios procesos de selección de persoal desenvolvidos ó longo de 2017. Tras examinar os reparos do departamento de intervención, os nacionalistas consideran que o goberno actuou con total discrecionalidade en varios concurso, sen atender a criterios obxectivos para a puntuación. Tras examinar os informes do interventor sobre os reparos en varios procedementos de selección de persoal, o BNG da Pobra denuncia malas prácticas por parte do executivo. Refírense principalmente ós concursos para a selección de catro operarios municipais, un técnico de turismo e un técnico para o museo. A falla de criterios obxectivos para outorgar as puntuacións podería supoñer mesmo a suspensión do proceso. Os informes tamén plantexan dúbidas sobre os procedementos de admisión nas listas, os cambios de orde nas distintas fases do proceso ou a acreditación do méritos. Dende o BNG consideran que estas irregularidades supoñen un agravio para algúns candidatos que se ven limitados á hora de concorrer ós concursos mentres que favorecen a outros.