O PP está convencido de que Telmo Martín fai tremer ó BNG

    telmomartinteresapedrosa_100_280706.jpgPONTEVEDRA > Telmo Martín está en boca de todos e isto agrada ó PP. O aínda alcalde de Sanxenxo participou en Pontevedra nun coloquio sobre a reforma do Estatuto e alí recibiu a primeira ovación en público da militancia. Os populares están cada vez máis convencidos do seu acerto e cren que a candidatura de Martín fai tremer ó BNG.

    telmoenpontevedra_300_280706.jpgO candidato do PP ó concello de Pontevedra, Telmo Martín, recibiu este xoves a súa primeira ovación na cidade na que aspira gobernar. O aínda alcalde de Sanxenxo apoiaba ó presidente rexional Alberto Núñez Feijóo nun coloquio sobre a reforna do Estatuto. Desde a súa designación, Martín está en boca de todos, e o PP está máis que satisfeito. Sobre a reacción da xunta local de Pontevedra, Feijóo despexou toda dúbida e asegurou que o candidato conta co apoio da inmensa maioría dos militantes. De tódolos xeitos, o presidente provincial do PP, Rafael Louzán, aproveitou o acto para pedir desculpas ós militantes e simpatizantes de Pontevedra polo xeito que ten o partido para designar candidatos. Ademais aclarou que se atrasaron en facelo para acertar.

    Os populares están convencidos de que a súa decisión preocupa ó BNG. Núñez Feijoo fixo referencia ás críticas do nacionalista César Mosquera sobre a débeda que arrastra Sanxenxo con Pontevedra polo subministro de auga. O concelleiro de urbanismo dixo que Sanxenxo é o maior moroso do Concello de Pontevedra, xa que segundo apuntou debe máis de 546 mil euros por este concepto. Feijoo considera que este tipo de declaracións demostran que o BNG está preocupado porque agora ten que render contas. O presidente do PPdeG anunciou que tomarán con tranquilidade e con humildade a campaña electoral en Pontevedra.

    Redacción Salnés