Aparatoso accidente en Ribeira

    RIBEIRA > Un veciño de Ribeira, con iniciais M.A.N.S., resultou ferido nun aparatoso accidente rexistrado na Rúa Nove de Agosto de Ribeira. O sinistro produciuse durante a mañá do martes cando a furgoneta na que viaxaba o condutor saíuse da estrada cara a beirarrúa volcando posteriormente entre un talude de terra e un poste da luz.

    accidenteribeira_010806.jpgO conductor quedou atrapado no vehículo polo que foi precisa a intervención do equipo de bombeiros para a súa excarceración. Tratouse dunha intervención moi delicada posto que o ferido, que estivo consciente en todo momento, tiña unha perna apresada pola porta que impactara contra o poste. en todo momento, estiveron presentes os médicos e demais persoal sanitario que atenderon ó ferido ata que conseguiu ser evacuado.

    Posteriormente, a ambulancia do 061 desprazou ó ferido ata o Hospital do barbanza onde foi atendido de lesións de diversa consideración.

    Debido á aparatosidade do accidente, o tráfico tivo que ser desviado por unha vía alternativa durante varias horas. Tras realiza-la limpeza da estrada e proceder ó aseguramento do poste, a vía volveu quedar practicable.

    Redacción Barbanza