O executivo rianxeiro mellora a accesibilidade ás Tres Cruces

RIANXO> As obras, a piques xa se rematarse, consistiron basicamente no acondicionamento do acceso a este enclave turístico do municipio, As Tres Cruces, situado en pleno estuario do río Ulla, no lugar de Quintáns,  na parroquia de Isorna.

Os traballos consistiron na nivelación e compactado con saburra da vía que conduce ata o enclave, que se atopaba nun estado importante de deterioro, que facía case impracticable o seu uso.

A actuación completouse coa instalación dunha pasarela de madeira tratada para facilitar a accesibilidade no último tramo da senda.

A actuación conta cun orzamento de máis de 43 mil euros.

A maior parte do investimento, ó redor dun 80%, vai con cargo a unha subvención para o embelecemento do litoral concedida pola Xunta a través de Turismo de Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dos fondos NextGeneration.