Actividades en Cambados para que os que coidan ‘aprendan a coidarse’

CAMBADOS> Cambados impulsa un ciclo de obradoiros para as persoas que coidan doutras. Céntranse, en especial, na parte emocional. A través da pintura ou a danza, afondarase na relaxación das persoas coidadoras. Porque, segundo lembran os expertos, moitas veces esquécense do seu propio benestar por centrarse nos demais.

‘Tempo de coidarme’ é o nome do ciclo de obradoiros que impulsa o Concello de Cambados, pensando naquelas perosas que teñen ao seu cargo a outras. A iniciativa busca servir de apoio emocional para aqueles que teñen ao seu cargo a outra persoa. As xornadas centraranse na parte emocional.

As vivencias serán fundamentais nestes obradoiros, xa que -segundo indican os seus responsables- son a base de cada sesión, que serve para reflexionar sobre as vivencias de cada un. A actividade afondará na relaxación e coidado das persoas coidadoras, a través de varias disciplinas.

A iniciativa está aberta ao público en xeral. Con todo, dende o Concello lembran que a meirande partes dos coidados continúan sendo asumidos polas mulleres, polo que -apuntan- cómpre seguir traballando na corresponsabilidade. A concelleira de Igualdade indica, ademais, que esta iniciativa vai permitir poñer en contacto a veciños e veciñas que están pasando polo mesmo.

As tres sesións deste ciclo vanse celebrar nos primeiros tres sábados de outubro en horario de mañá. A actividade é de balde, con inscrición previa a través de WhatsApp, do correo electrónico ou mediante un formulario de Google Forms.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí