Delfín Fernández anuncia melloras nas comisarías de Pontevedra e Vilagarcía

    PONTEVEDRA > O Sindicato Unificado de Policía reuniuse co subdelegado do goberno en Pontevedra para tratar diversas cuestións que afectan ás comisarías da provincia. En principio o sindicato amosouse satisfeito co resultado da xuntanza, xa que se confirmou a nova de que se construirá unha nova comisaría en Vigo e se ampliará a de Marín. Ademais faranse algúns arranxos nas de Pontevedra e Vilagarcía.

    delfinfernandez_300_310706.jpgDende o sindicato tamén están razoablemente satisfeitos coa provisión de postos de traballo e coas estatísticas sobre seguridade, anque a subdelegación comprometeuse a mellorar aínda máis neste eido.

    Tráfico

    Aproveitando a comparecencia do subdelegado do goberno en Pontevedra preguntámoslle sobre as cifras de accidentes. En plena operación saída, os datos de Galicia non son moi alentadores, e a entrada do carné por puntos parece que non contribuiu moito a baixa-las cifras de accidentes. Sen embargo o subdelegado aclarou que en Pontevedra sí baixou o número de mortos con respecto ó ano pasado.

    A esto habería que engadir que varios do mortos por accidentes, non teñen nada que ver co carné por puntos.

    Redacción Salnés