Un cactus xigante en Boiro convértese en reclamo turístico

    cactus1_100_040806.jpgBOIRO > No concello de Boiro, concretamente no lugar de Peralto en Escarabote,  existe un cactus de máis de once metros e medio de lonxitude. Ademais desta rareza, o cactus presenta actualmente unha beleza singular, xa que se atopa en época de floración. Os seus propietarios cóidano cunha especial atención.

    Xesús Saavedra e a súa dona, Efixenia Tubío, están entusiasmados con este cactus xigante que teñen diante da súa casa. Mide máis de once metros e ten uns 26 anos. Xesús aínda recorda o tamaño que tiña cando o prantaron.cactus2_200_040806.jpg

    A admiración por este cactus non é exclusiva dos seus veciños de Peralto, na parroquia boiresa de Lampón, senon que ata onda el achéganse numerosas persoas vidos dende distintos puntos da comarca e de fóra dela a contemplalo.

    Efixenia sinala que non lle realizan un especial coidado e trátano coma unha pranta normal. Aínda así o seu atractivo é espectacular, fundamentalmente nesta época do ano na que está en floración. Boa parte destas especies de cactus soen abrir as súas flores ó anoitecer, unha circunstancia que se debe fundamentalmente a que son fráxiles para aguanta-lo sol e ademais, así consumen menos auga.

    Redacción Barbanza