NOIA> Noia volverá ser unha das sedes da Liga Galega de Break Dance. O próximo sábado disputarase a segunda xornada coa participación duns corenta competidores nesta disciplina que este ano se estrea como deporte olímpico.
A Asociación Vella Escola leva dúas décadas promovendo a práctica do Break Dance en Noia. Non é de estrañar entón que por cuarto ano consecutivo a localidade acolle unha das xornadas da Liga Galega desta disciplina. Será o sábado na Sociedade Liceo e contará cuns corenta competidores en tres categorías.
Entre os favoritos, destacan dous campións de España nas categorías feminina e masculina que aspiran a participar nos Xogos Olímpicos da Xuventude.











