RIBADUMIA > A V edición da Festa do Pan dará comezo o próximo sábado 12 de agosto. A organización prevé que asistirán unhas 1.400 persoas. Os visitantes poderán degustar ata 14 variedades diferentes de pan elaborado polos veciños nos propios muiños de Batán. O grupo Alecrín e varias formacións musicais encargaranse de animar-la festa.
O venres tivo lugar na Carballeira de Ribadumia a presentación do programa da Festa do Pan. A Alcaldesa, xunto con varios membros das asociacións que participan na organización do evento, quixo destacar a importacia desta celebración que naceu case por azar, pero que cos anos se converteu nunha cita obrigada dentro do plan de festas gastronómicas do Salnés.
Coa Festa do Pan preténdese recuperar as tradicións perdidas entorno ós muiños e á elaboración deste alimento, de gran arraigo no Concello.
Segundo informou a Concelleira de Cultura, Lidia Álvarez, a tarde do día 12 estará repleta de actividades. Trala recollida de postres caseiros, as veteranas amasadeiras procederán á elaboración do pan nos muiños de Batán. Logo terá lugar a cata de postres por un xurado coa posterior entrega de premios. E finalmente a degustación do pan, que se repartirá os presentes acompañado de viño tinto. As novidades deste ano veñen da man do Grupo Alecrín, a orquesta Azúcar e 2 formacións folcloricas de Bos Aires que se encargarán de ameniza-la xornada con actuacións teatrais e musicais.
Redacción Salnés