Pacientes do doutor Allut continúan reclamando o seu regreso

    RIBEIRA > Os pacientes do doutor Germán Allut continúan reclamando que o sanitario volva ó seu posto de traballo no centro de saúde de Ribeira logo de que a principios de mes o trasladaran a outro consultorio.

    Un grupo de pacientes do doutor Germán Allut manifestouse diante das instalacións do centro de saúde de Ribeira para solicitar o regreso do médico ó seu consultorio na localidade. Na mañá de onte unha representación dos afectados desprazouse as dependencias da Xerencia de Atención Primaria, en Santiago de Compostela, para entregar as máis de 1000 firmas que conseguiron reunir para o que doutor regrese ó seu posto, logo de que a principios de mes fose trasladado ó centro de saúde da parroquia de Aguiño.   

    Asimesmo cada paciente remitiu á consellería un escrito persoal no que resaltan as cualidades e os motivos polos que o doutor debe regresar a Ribeira.

    Os afectados comentaron que estes días están a ser atendidos por outros médicos do centro e que hoxe mesmo chegou unha nova doutora para cubri-la praza, e aínda que afirman non estar descontentos co trato e cos servizos prestados por estes facultativos eles din preferir ó que era o seu médico de cabeceira dende fai moitos anos non só pola súa calidade profesional senón tamén personal.

    Redacción Barbanza