Portosín volverá converterse no epicentro do Basket na Rúa

    PORTO DO SON> Portosín acolle esta fin de semana unha nova edición do 3×3 Basket na Rúa. Dúas xornadas nas que o baloncesto tomará a localidade, mesmo con encontros nocturnos. Os interesados en participar dispoñen de prazo ata este xoves para inscribirse. Máis dunha trintena equipos participarán na decimo sétima edición do 3×3 Basket na Rúa que se celebrará en Portosín os días 5 e 6 de agosto. Haberá catro categorías, dende infantís a máster e o prezo das inscricións oscilará entre os trinta e os cincuenta euros, agás para os nenos que será de balde. A principal novidade deste ano é que o campionato, que contará con xogadores de toda Galicia, está enmarcado no circuíto galego de Street Ball. Os interesados en participar poden inscribirse ata o día tres de agosto no enderezo electrónico do club de baloncesto Porto do Son cbportodoson@gmail.com. Toda a información sobre o regulamento de xogo está dispoñible noblog do club cbportodoson.blogspot.com.es.