Rianxo reivindica unha marca de calidade na XXX edición da Festa da Xouba

RIANXO> Rianxo celebrará esta fin de semana a trixésima edición da festa da xouba. A organización prevé repartir ó redor de 250 quilos de peixe. Este ano presentarase ademais o proxecto impulsado pola confraría para conseguir un selo de calidade para a xouba do xeito de Rianxo.

Do 23 ó 25 de xullo Rianxo celebrará a súa tradicional festa da xouba. Ademais do seu carácter gastronómico, este ano destaca a presentación da marca ‘Xouba de Rianxo, pesca artesanal,. Arte do xeito’, un proxecto no que a confraría leva traballando dende o pasado ano para conseguir un selo de calidade para a xouba do xeito.

Os detalles da marca, enmarcada nun proxecto ó abeiro do GALP Ría de Arousa presentaranse o sábado ás 11 no auditorio.

A programación da festa inclúe ademais 3 showcookings a cargo de afamados cociñeiros que porán en valor a xouba a través de distintas receitas.

A degustación popular será os días 24 e 25. Haberá tamén actividades de animación durante toda a fin de semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí