A Deputación de Pontevedra actúa en 25,7 km de vias no Castrove

    POIO > O presidente da Deputación de Pontevedra reuniuse cos alcaldes e comunidades de montes afectadas na mellora da rede viaria do Monte Castrove. O organismo provincial prevé actuar en máis de 25 quilómetros de estradas para mellorar a comunicación do propio monte e para afrontar en mellores condicións a loita contra o lume.

    A deputación de Pontevedra está a actuar en 25.7 quilómetros de vías do Monte Castrove para dar servizo ó propio monte e conectar a estrada de Vilagarcía por Curro, con Sartal, en Poio. O presidente de Deputación Rafael Louzán reuniuse hoxe na Escusa cos alcaldes de Poio, Meis e Barro e cos representantes das comunidades de montes de Campañó, Alba, Meis, Poio e Barro.

    Ata agora xa se executou o desbroce, limpeza e acondicionamento dalgunhas pistas que xa están abertas. Para continuar coas obras será necesario o permiso da Consellería de Medio Rural no caso da comunidade de montes de Curro-Barro e de dúas de Meis coas que mantén convenios. Tamén se precisa que as asembleas de comuneiros das restantes comunidades aproben as obras. Os traballos serán asumidos integramente pola propia deputación que prevé rematalos entre 2006-2007.

    Redacción Salnés