![]()
VILANOVA> Os 25 docentes dos IES Faro das Lúas participaron hoxe nun curso para aprender a reaccionar en caso emerxencia.
{flowplayer}images/salnes/PC_VILANOVA_CLASE_EMERXENCIAS.flv{/flowplayer}
Esta mañá os 25 profesores do IES Faro das Lúas de Vilanova convertéronse en alumnos. Durante dúas horas dous efectivos de Protección Civil exerceron de mestres para ensinarlles unhas pautas de primeiros auxilios e formas de reacción ante casos de incendios.
O curso comezou cunha charla sobre nocións básicas de primeiros auxilios. En cuestión de asistencia, un dos efectivos do corpo de Protección Civil de Vilanova tamén ensinou ós profesores a realizala RCP, ou respiración cardiopulmonar, ademais, doutras manobras de reanimación.
Esta iniciativa xorde trala redacción do Plan de Autoprotección do centro. Tal e coma nos relataba a secretaria do instituto, Carmen do Porto, é unha oportunidade para achegarse ó mundo dos primeiros auxilios e aprender a reaccionar en caso de que se produza algunha emerxencia.
Para completalo curso, a finais deste mes, os 25 profesores porán en práctica os seus coñecementos, xa cos 160 alumnos, facendo un simulacro de incendios.
A partir desta primeira experiencia, segundo os efectivos de Protección Civil, visitarán tódolos centros do concello para impartilos mesmos coñecementos.
Redacción Salnés






