![]()
PONTEVEDRA> Os traballadores firmaron hoxe os contratos que os vinculan á primeira institución provincial, durante seis meses.
A Deputación ven de contratar a 177 persoas que levarán a cabo diversas labores nos concellos da provincia de menos de 10.000 habitantes. A primeira institución pagará os salarios destes traballadores que colaborarán coas administracións locais. O incremento do persoal nos concellos é unha demanda dos alcaldes, que non dispoñen de fondos para contratar colaboradores, segundo asegurou hoxe o presidente.
Máis de 3.000 persoas presentaron a súa solicitude para a oferta laboral da Deputación de Pontevedra, nesta primeira quenda. Entre as condicións dos aspirantes está a de formar parte das listas do INEM como desempregados. A primeira institución da provincia optou por contratar ás persoas con menos recursos económicos, entres os aspirantes, para minimizar as consecuencias da crise económica, entre a poboación.
Nun prazo de dúas semanas a Deputación contratará a 150 traballadores máis, que se encargarán dos traballos de mantemento dos espazos naturais, en municipios de máis de 10.000 habitantes. Entre as labores destaca a conservación e limpeza das praias, nos concellos costeiros, durante o verán.
Dentro da comarca do Salnés, Os concellos de Meis, Ribadumia, A Illa e Meaño son os que contarán con traballadores, contratados pola Deputación, nesta primeira rolda.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/290409_contratos_deputacion.flv{/flowplayer}









