Opmega nega que fora expulsada a Asociación Virxe do Rosario

    VILAGARCÍA > O presidente de Opmega negou que se expulsara da organización á Asociación Virxe do Rosario. Segundo Esteban Paz deron de baixa a esta agrupación e non lle abriron expedientes para evitar prexudicar ós socios, ós que convidou a integrarse de novo en Opmega a través de calquera das agrupacións que pertencen á organización.

    estebanpaz_300_230806.jpgO presidente de Virxe do Rosario tamén dixera xa que preguntaron varias veces sobre o tema da producción propia e que nunca obtiveran resposta; de aí que decidiran comeza-la venda de mexillón pola súa conta.

    Sen embargo dende Opmega aseguran que sí se lles contestou. Tampouco comparte as palabras de Blanco sobre a desmembración de Opmega e asegura que a actual directiva aposta firmemente por esta organización.

    Redación Salnés