Ona Carbonel amadriña unha xornada de limpeza de lixo mariño en Cortegada co proxecto Placton

Vilagarcia>  Ona Carbonell amadriña unha nova limpeza de lixo mariño dentro do programa Placton. Co proxecto, que recentemente comezou a súa segunda edición, retiráronse xa máis de 24 toneladas de lixo dos fondos mariños. Ademais da atleta participaron na xornada asociación como Bata e Con Eles.

O proxecto Placton da fundación Abanca comezou o pasado ano co obxectivo de limpar o lixo mariño das praias e dos fondos marisqueiros galegos. Tras unha primeira edición exitosa, o programa regresou neste 2022 co obxectivo de superar as 18 toneladas recollidas nese primeiro exercicio.

O proxecto desprazouse desta vez ás praias da illa de Cortegada en Vilagarcía. Nunha xornada amadriñada pola deportista Ona Carbonell.

A nadadora destacou ademais a importancia da concienciación co coidado do medio ambiente para evitar que o lixo chegue ao mar.

Na xornada participaron asociacións como os xubilados de Ourense ou Bata e Con Eles do Salnés. Ademais tamén contaron coa colaboración da confraría de Carril e das mariscadoras de AmarCarril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí