Ventura Gude: cen anos de vida

    centenaria2_100_240806.jpgRIBEIRA > Unha veciña de Ribeira, Ventura Gude, cumpriu este xoves 100 anos e ata a súa casa desprazouse o alcalde ribeirés, José Luis Torres Colomer, para obsequiala personalmente cun pequeno agasallo en recordo do seu centenario.

    Ventura Gude Sieira naceu en 1906 en Ribeira, o mesmo ano no que o rei Alfonso XIII lle concedeu o título de cidade á localidade. Ata a súa casa, na rúa Churriana, achegouse este xoves o alcalde de Ribeira para felicitala personalmente por estes cen anos de vida. Torres Colomer entregoulle á homenaxeada un ramo de flores e unha metopa de prata en recordo do seu centenario e do de Ribeira, e logo brindou con tódolos familiares para centenaria_300_240806.jpgque o próximo ano a celebración se poida volver a repetir.

    Ventura naceu nunha familia de oito irmáns, ten dous fillos, catro netos e sete bisnetos. A partir de hoxe unha centenaria pero a pesares diso conserva tódalas súas facultades. Ela mesma nos comentaba que cando pode acude a misa e vai a pasear pola vila acompañada dalgún familiar.

    A homenaxeada recoñeceu que non se coidou de xeito especial para chegar ata os 100 anos, na súa xuventude traballou a reo axudando ó seu marido para sacar adiante ós seus fillos e agora fai unha vida máis tranquila pero coma a de calquera outra persoa.Durante o acto mostrouse contenta e feliz por esta celebración tan especial e quixo agradecer ó alcalde a súa presencia e tamén ós seus familiares.

    Redacción Barbanza