NOIA> Esta mañá o pósito noiés realizaba novas análises que determinarán a continuidade ou non do peche.
Hoxe non houbo faena na Ría. Moitos mariscadores traballaban esta mañá nos preparativos dos seus apeiros de marisqueo e en poñer a punto as súas embarcacións. Traballos todos eles que se levan a cabo nos días previos ó inicio da campaña. Pero, por desgraza para eles, esta veuse suspendida a consecuencia da presencia de toxina na Ría.
Segundo explicou o propio patrón maior, esta mañá volveu a repetirse unha nova analítica que xa lle foi remitida o Intecmar para o seu estudo e así poder comprobar a evolución da marea vermella.
Así as cousas, e vendo episodios anteriores doutros anos, todo apunta a que haberá que agardar, polo menos uns días, para iniciar a campaña extractiva.