![]()
VILAGARCÍA > Rematou a folga en Pérez Lafuente. A mediación de Inspección de Traballo foi decisiva para que houbese acordo.
{flowplayer}images/salnes/novidades_perez_lafuente.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > O sindicato CIG desconvocou a folga indefinida que mantiña na conserveira Pérez Lafuente, de Vilanova. A reunión celebrada onte coa dirección da empresa na Delegación de Traballo, en Vigo, foi decisiva para por fin ó conflicto iniciado hai un mes.
Os representantes da conserveira, Álvaro Pérez Lafuente e Juan Ignacio Pérez, anunciaron a compra de nova maquinaria que permitirá aumentar a carga de traballo na fábrica de Vilanova. Ademais, empresa e traballadoras acordaron retirar as denuncias presentadas desde ambos bandos durante a folga por insultos e agresión.
En materia laboral, a dirección comprometeuse a contemplar na vindeira nómina a antigüidade das traballadoras. Ademais, as 28 fixas discontinuas terán traballo cada mes. O sindicato celebrou esta noite unha asemblea coas traballadoras para transmitirlles os termos do acordado en Vigo. A CIG e as delegadas de persoal daranlle un marxe de confianza á empresa ata final de ano, logo pedirán unha nova reunión coa dirección.
Redacción Salnés








