BOIRO> 3000 euros repartidos en vales de compra de 100 euros e un premio especial de 1000. Estes son os principais atractivos da campaña de Nadal da Asociación Boirense de Empresarios que arrancou este mércores.
As 190 empresas asociadas á ABE participan na campaña de Nadal da patronal que porá en xogo tres mil euros. Tralo éxito acadado no verán, a ABE decidiu repetir o sistema de participación. Os clientes deberán subir unha foto dos tickets á web da entidade co que entrarán directamente no sorteo semanal de 5 premios de 100 euros así como o sorteo final de campaña de mil euros para un único gañador.
Ademais do incremento da contía dos premios, a principal novidade deste ano é que a ABE correrá con tódolos gastos sen repercutir ningunha cota especial ás empresas participantes. Non é este o único detalle que a entidade terá cos seus socios ós que agasallará unha axenda coa memoria de actividades da patronal.
Por outra banda, a ABE volve poñer á venda as caixas regalo para que os empresarios poidan incluílas no aguinaldo do Nadal para empregados ou clientes.