Ovidio Rodeiro supervisa o resultado das melloras no polígono de Espiñeira

BOIRO> O delegado da Xunta na Coruña visitou esta mañá o polígono de Espiñeira, en Boiro, para coñecer as melloras acometidas con cargo á liña de subvencións da Consellería de Economía. Aproveitou a súa visita para anunciar a próxima convocatoria de axudas que incluirán este ano unha liña específica para a mellora do subministro eléctrico.

Ovidio Rodeiro comprobou o resultado das obras acometidas ó longo de 2019 no polígono de Espiñeira con cargo á convocatoria da Consellería de Economía e Industria dirixida á mellora dos parque empresariais. Ademais de pavimentar a segunda fase do polígono procedeuse á instalación dun sistema de videovixilancia ; todo grazas a unha achega de cento corenta mil euros.

 

Tal e como adiantou o alcalde, o concello de Boiro volverá acollerse en 2020 a esta convocatoria de axudas que se publicou hoxe mesmo cun orzamento global próximo ós oito millóns.

O prazo para acollerse a esta liña de axudas remata o 21 de febreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí